
Ronda de Outeiro, 103 – 1ºB
ENCONTRO INTERNACIONAL DE SOLIDARIEDADE AMIZADE E COOPERACIÓN CON VIETNAM
En representación da Asociación de Amizade Galicia-Vietnam quixera agradecer a amable invitación da Unión de Organizacións de Amizade con Vietnam e do seu Presidente Vu Xuan Hong para participar en este Evento.
É un grande honor para min visitar este heroico Pais que ten sido un exemplo para a clase traballadora e para todos os pobos do mundo na súa loita contra o colonialismo francés e o imperialismo dos EE.UU.
A celebración do 60 aniversario da República Socialista de Vietnam foi unha fonte de ledicia para todas as persoas españolas e galegas que participaron nas manifestacións de apoio a loita e ao seu triunfo na nosa xuventude.
Tamén foi un exemplo durante a loita contra o Réxime de Franco e nos axudoú no camiño hacia a liberdade e a democracia. Tamén nese momento existía unha Organización de Solidariedade “Unión Galicia Vietnam” (1968).
A República Socialista de Vietnam sigue a ser hoxe en día un exemplo de desenvolvimento económico , de loita contra a pobreza, de solidariedade e paz.
A Asociación de Amizade Galicia-Vietnam constituíuse o 7 de Maio de 2.004 con ocasión da conmemoración da batalla de Dién-Bien-Phu e tratamos de realizar unha cooperación entre os nosos povos.
Finalmente, proclamamos o noso traballo e favor da paz e da solidariedade, contra a guerra e o capitalismo.
Moitas Grazas