segunda-feira, novembro 06, 2006

Estatutos

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALICIA-VIETNAM


CAPÍTULO I

DENOMINACIÓN, ÁMBITO E DOMICILIO



ARTIGO 1º: Constitúese a Asociación Galega de Amizade Galicia-Vietnam, ó abeiro do establecido na Lei Orgánica 1/2002, establecéndose como ámbito de actuación o do territorio da Comunidade Autónoma Galega.



ARTIGO 2º: Establécese como domicilio da asociación a efectos de notificacións o do seu secretario/a, estando na actualidade na rúa ......................, 30000 A Coruña.





CAPÍTULO I I

FINS E ACTIVIDADES



ARTIGO 3º: Son fins da asociación a promoción cultural, turística e intercambio.... entre os cidadáns galegos e os vietnamitas, e entre outras:

  • Facilitar o coñecemento da realidade vietnamita.
  • Realizar estudios sobre as realidades galega e vietnamita.
  • Establecer conexións entre os cidadáns de ambos países.
  • Intercambiar información coas asociacións de igual carácter.
  • Establecer convenios de colaboración con outras entidades e institucións públicas ou privadas, que contribúan á consecución dos fins da asociación.
  • Pomove-lo coñecemento e difusión das tecnologías da información e comunicación que redunden nunha maior comunicación entre os cidadáns de ambos países.

Exclúese expresamente calquera finalidade lucrativa, sindical ou política.



ARTIGO 4º: Para o cumprimento dos anteriores fins realizaranse as seguintes actividades:


  • Grupos de traballo.
  • Cursos de investigación sobre a realidade de ambos países.
  • Encontros e producción de material divulgativo de ambas realidades.

CAPÍTULO III

A XUNTA DIRECTIVA



ARTIGO 5º: A asociación será dirixida e administrada por unha xunta directiva, formada por presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e catro vocais. Tódolos cargos serán gratuitos e serán designados pola Asemblea xeral ordinaria entre os membros da asociación, cun mandato de dous anos, podendo ser reelixidos ó final do mesmo.



ARTIGO 6º: A xunta directiva reunirase cantas veces o determine o seu presidente, e a iniciativa de catro dos seus membros. Quedará constituída cando asista a metade mais un dos seus membros, e para que os seus acordos sexan válidos, deberán ser tomados por maioría dos votos, atribuíndose ó presidente voto de calide.



ARTIGO 7º: Son funcións da xunta directiva:


  • Dirixi-las actividades sociais, levando a xestión económica e administrativa da asociación.
  • Convocar e fixa-la orde do día das Asembleas xerais.
  • Desenvolver e executar os acordos das mesmas.
  • Elaborar e someter á aprobación da Asemblea xeral a memoria anual, que necesariamente incluirá:
  1. Xestións levadas á cabo e resultado das mesmas.
  2. Inventario de bens.
  3. Contas anuais.
  • Nomeamento do socio/a encargado/a da instrucción dun expedente sancionador.
  • Calquera outra facultade non atribuida expresamente a Asamblea xeral.



ARTIGO 8º: O presidente terá as seguintes atribucións:


  • Representar legalmente á asociación ante toda clase des organismos públicos e privados.-
  • Presidir e levantar as sesións que celebren a Asemblea xeral e a xunta directiva, dirixindo as deliberacións.
  • Ordena-los pagos, autorizando coa súa firma os documentos, actas e correspondencia.
  • Calquera outra medida necesaria ou convinte para os fins da asociación.

ARTIGO 9º: O vicepresidente sustituirá ó presidente na súa ausencia, por enfermidade ou calquera outro motivo, tendo as mesmas atribucións ca él.


ARTIGO 10º: Corresponde ó secretario:



  • Levantar acta das reunións da xunta directiva e das Asambleas, levando o libro de actas.
  • Custodiar os documentos e selos da asociación.
  • Emiti-las certificacións necesarias.


ARTIGO 11º: Corresponde ó tesoureiro:


  • Custodiar os fondos da Asociación.
  • Levar os libros de contabilidade.
  • Autorizar a disposición de fondos, coa autorización do Presidente.
  • Preparar as contas anuais.
  • * Redactar o proxecto de presuposto anual, que coincidirá co ano natural.

ARTIGO 12º: Os vocais terán as obrigas propias das delegacións que faga neles o Presidente ou das comisións de traballo que a propia xunta directiva lles encomende.



ARTIGO 13º: Tódolos cargos directivos serán desempeñados de forma gratuita, salvo acordo tomado pola Asemblea Xeral.


CAPÍTULO IV

A ASEMBLEA XERAL



ARTIGO 14º: A Asemblea xeral é o órgano supremo de goberno da asociación, integrado por tódolos socios. Reunirase ordinariamente unha vez cada ano, no mes de ................, e extraordinariamente, cando o solicite un número de asociados non inferior ó 10 por 100.



ARTIGO 15º: A Asemblea xeral constituirase validamente previa convocatoria efectuada 15 días antes da reunión, cuando concurran a ela, presentes ou representados, un tercio dos asociados, na súa primeira convocatoria, e calquera que sexa o número de presentes na súa segunda convocatoria. Actuarán como presidente e secretario da reunión os que o sexan da xunta directiva.

Establécese como forma de convocatoria á publicación do lugar, data, hora e orde do día na páxina web da Asociación.

Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen os negativos.


Non obstante, requerirán maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando se obteña unha maioría de 2/3 dos asociados, os acordos relativos a disolución da asociación, modificación dos estatutos, disposición ou enaxenación de bens e remuneración dos membros da xunta directiva.



ARTIGO 16º: Compételle a Asemblea xeral ordinaria:


  • Aprobar, se procede, a memoria anual que presente a xunta directiva.
  • Aprobar, se procede, o presuposto elaborado pola xunta directiva.
  • Aprobar, si procede, as propostas da xunta directiva en orde a cumplir os fins da asociación.
  • Fixar as cotas anuais.
  • Calquera outra que non sexa de competencia exclusiva da Asamblea xeral extraordinaria.

ARTIGO 17º: Compételle a Asemblea xeral extraordinaria:


  • Modificar os estatutos.
  • Dispoñer ou enaxenar os bens da Asociación.
  •  Expulsión de socios trala instrucción do oportuno expedente.
  • Tomar acordos para constituír unha federación ou integrarse nunha existente.
  • Disolver a Asociación.


CAPÍTULO V
SOCIOS



ARTIGO 18º: Poderá pertencer á Asociación todos os cidadáns galegos maiores de idade que o desexen, sen distinción de ningún tipo.--------------------------------------------------------------------



ARTIGO 19º: Dentro da Asociación existirán as seguintes clases de socios:-------------------------

  • Socios fundadores, aqueles que participen no acto de consitutución da Asociación.--------
  • Socios de número, os que ingresen despois da constitución da Asociación.------------------
  • Socios de honra, os que polo seu prestixio ou pola súa contribución ó desenvolvemento da asociación, se fagan acreedores a tal distinción. O seu nomeamento corresponderá á Asamblea xeral á proposta da xunta directiva ou de 25 socios.---------------------------------


ARTIGO 20º: Son dereitos dos socios:---------------------------------------------------------------------


  • Participar nas actividades promovidas pola Asociación.-----------------------------------------
  • Participar nas Asambleas con voz e voto.----------------------------------------------------------
  • Ser electores e elexibles para os cargos da xunta directiva.-------------------------------------
  • Recibir información das actividades propias da xunta directiva.--------------------------------
  • Elevar á xunta directiva cantos proxectos ou consultas estimen oportunas.-------------------


ARTIGO 21º: Son deberes dos socios:---------------------------------------------------------------------


  • Satisfacer as cotas fixadas pola Asemblea xeral.-------------------------------------------------
  • Aceptar os Estatutos e os acordos das Asambleas.-----------------------------------------------
  • Desempeñar no seu caso, as obrigas inherentes ó cargo que ocupen.--------------------------



ARTIGO 22º: Os socios de honra poderán asistir ás Asambleas con voz pero sen voto, non podendo formar parte da xunta directiva e estando eximidos das obrigas de tipo económico.------



ARTIGO 23º. Os socios causarán baixa por algunha das causas seguintes:---------------------------


  • Renuncia voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva.-------------------------------
  • Incumprimento das obrigas económicas, se deixara de satisfacer unha cota periódica.-----
  • Comportamento gravemente contrario ós fins da asociación. A baixa neste caso producirase trala instrucción dun expedente sancionador, que se iniciará co nomeamento dun instructor, no prazo de dez días desde que se teña coñecemeto da falta. Darase audiencia ó interesado, e tra-la proposta do Instructor, que se emitirá nun prazo máximo dun mes dende o comezo do procedemento, corresponderá a Asemblea Xeral extrordinaria resolver sobre a aplicación da posible medida sancionadora proposta.--------


CAPÍTULO VI

RÉXIME ECONÓMICO



ARTIGO 24º: A Asociación, no momento de iniciar as súas actividades, carece de patrimonio. Os recursos económicos previstos para o desenvolmento dos fins e actividades da asociación serán os seguintes:-------------------------------------------------------------------------


  • As cotas aportadas polos socios.----------------------------------------------------------------
  • Subvencións públicas ou privadas, legados ou herdanzas que puidera recibir polos asociados ou por terceiras persoas.------------------------------------------------------------
  • Calquera outro recurso lícito.-------------------------------------------------------------------




CAPÍTULO VII

DISOLUCIÓN



ARTIGO 25º: A asociación disolverase por acordo da Asamblea xeral extraordinaria, nunha decisión tomada a lo menos por unha maioría de 2/3 dos asociados.------------------------------------



ARTIGO 26º: Acordada a disolución, na mesma Asemblea nomearase unha comisión liquidadora, composta polo presidente e tesoureiro da xunta directiva e catro socios non pertencentes á dita xunta, que procederán á liquidación do patrimonio da asociación.---------------


Se unha vez liquidado o patrimonio houbera bens sobrantes, serán doados a ---------- .


DISPOSICIÓN ADICIONAL


En todo canto non esté previsto nestes Estatutos aplicarase a Ley orgánica 1/2002, reguladora do Dereito de Asociación, e a normativa que a desenvolva.
__________