quarta-feira, setembro 11, 2013

Vietnam: como o uso de armas químicas deixa secuelas por xeracións - @s fill@s do axente laranxa - Vídeo

A guerra de Vietnam terminou fai case 40 anos, pero o conflito segue deixando vítimas: as crianzas.
Estímase que miles de bebés seguen nacendo con horribles deformidades faciais debido aos 20 millóns de galones do axente laranxa fumigado por Estados Unidos.

Documentos de Interese para a Conferencia Europea de asociacións de amizade con Vietnam

Estimad@s Amig@s do Vietnam,
Nos documentos anexados facilitamos máis información sobre a Conferencia que está previsto celebrada os días 17 e 18 de Outubro de 2013.
Vai atopar tres diferentes documentos traducidos en francés e inglés:

Convite para que a nosa asociación participe nunha conferencia europea en Bruxelas, de asociacións de amizade con Vietnam dos distintos países, para desenvolver en conxunto unha Carta das asociacións europeas de solidariedade con Vietnam - Conferencia Europea, os 17 e 18 de Outubro de 2013

Estimad@s Amig@s:,
Mediante a presente notificación, lembramos que os vindeiros 17 e 18 de Outubro deste ano 2013, imos celebrar un encontro. Na carta-convite, informamos máis polo miúdo do evento.
Para mellor organizar este evento, poderíades por favor avisar-nos da vosa participación o máis axiña posíbel e antes do 15 de Setembro. Máis información será enviado máis adiante.