quarta-feira, setembro 11, 2013

Convite para que a nosa asociación participe nunha conferencia europea en Bruxelas, de asociacións de amizade con Vietnam dos distintos países, para desenvolver en conxunto unha Carta das asociacións europeas de solidariedade con Vietnam - Conferencia Europea, os 17 e 18 de Outubro de 2013

Estimad@s Amig@s:,

Mediante a presente notificación, lembramos que os vindeiros 17 e 18 de Outubro deste ano 2013, imos celebrar un encontro. Na carta-convite, informamos máis polo miúdo do evento.

Para mellor organizar este evento, poderíades por favor avisar-nos da vosa participación o máis axiña posíbel e antes do 15 de Setembro. Máis información será enviado máis adiante.

Saúdos,

Sara Maleve
Association Belgique-Vietnam                                                                                                                                                                              

Carta-Convite

Association Belgique-Vietnam -
Vriendschapsvereniging België do Vietnam -
Freundschaftsgesellschaft Belgien Vietnam

Opprebais, 15 de Agosto de 2013.

Estimad@s compañeir@s:

Con motivo do 40 aniversario dos

    Acordos de París de 1973,
    do establecemento de relacións diplomáticas entre a Bélxica e Vietnam
    e da constitución da Asociación Bélxica-Vietnam (ABV),

queremos convidar as irmás Asociacións de Amizade con Vietnam dos distintos países europeos para participar nunha conferencia internacional en Bruxelas para desenvolver en conxunto unha Carta das asociacións europeas de solidariedade co Vietnam, ou calquera outro nome que as persoas participantes na Conferencia decidan.

Esta reunión celebrarase en Bruxelas o xoves 17 e venres 18 outubro, de 2013.
  • Xoves pola tarde, un debate que acontecería sobre a situación en Vietnam hoxe e será seguido dun xantar ofrecido polo ABV.
  • Venres, nunha sala do Parlamento Europeo, á nosa disposición, a reunión das nosas asociacións europeas vai promulgar, tras a discusión dos cambios, a citada Carta das asociacións europeas de solidariedade co Vietnam.
Nós realmente esperamos e imos estar moi honrad@s en acoller un ou máis representantes da vosa organización no evento. Si, en principio, a vosa organización está interesada en participar desta conferencia, por favor, avisar-nos o máis axiña posíbel e máis tarde até o 15 de setembro, a fin de mellor organizar este evento.

Tras a recepción da vosa resposta, enviaremos-vos por unha banda, informacións prácticas para estes dous días o programa e, doutra banda, unha primeira versión da nomeada Carta que agarda as vosas emendas que serán discutidas na Asemblea no Parlamento Europeo.

Coa esperanza da presenza dunha delegación da vosa organización para a nosa conferencia, enviamos-vos os nosos máis calorosos Saúdos.

Edouard Jason e  Jean Pierre Verstappen Grega
Secretario de Relacións Internacionais e Director Presidente

NB: O enderezo de correo-e: assocbelgiquevietnam@outlook.com

Enderezo do secretariado da conferencia: Secretaría Colloque ABV

                            rue de la Sainte, 7
                            1315 Opprebais
                            BÉLXICA

Enviado pola Asociación Belgique-Vietnam assocbelgiquevietnam@outlook.com
Enviado: Domingo 1 de septiembre de 2013 23:17
Asunto: asociación Bélxica-Vietnam: encontro internacional sobre 17-18 outubro

Texto orixinal en Inglés [Acceder].

***