segunda-feira, maio 19, 2014

Telegrama de lamentación e protesto ante a Embaixada Chinesa en Madrid, polos acontecimentos propios e derivados da ocupación chinesa do Mar Oriental, para a explotación de recursos petrolíferos, na zona económica exclusiva do Vietnám

O compañeiro Joam Lópes Péres, Presidente da nosa asociación de Amizade Galiza - Viêt Nam, enviou antonte un telegrama a embaixada Chinesa en Madrid, pronunciando-se, no nome da nosa entidade, a favor dos dereitos de Vietnam sobre a plataforma continental no Mar Oriental, onde o goberno chinés instalou a equipa perforadora Haiyang Shiyou -981, custodiada por máis de 100 navíos de guerra, feito que ocasionou protestas espontáneas nas rúas de numerosas cidades do Vietnam. Algunhas destas manifestacións adquiriron un carácter violento, provocando a morte de dous cidadáns chineses e numerosos feridos, entre os que están membros das forzas populares de seguridade. Polo que, tamén, no texto que remitimos á citada embaixada, lamentamos estas mortes tráxicas e inútiles.

Texto do telegrama:
EMBAIXADA DA REPÚBLICA POPULAR CHINESA EN ESPAÑA | Arturo Soria, 113 | 28043 - Madrid.

Defendemos soberanía Vietnam illas Paracel. Fin presencia militar.
Lamentamos profundamente morte cidadáns chineses.
Votos por paz e solución diplomática conflito países irmáns.
Xoán Francisco López- Asoc. Galiza-Vietnam.
A nosa asociación como o resto das asociacións de amizade no mundo, facemos un apelo aos pobos do mundo e aos amantes da paz e da xustiza, a apoiar a lexítima loita vietnamita contra o acto violador e provocativo dos gobernantes chineses. E que este conflito se resolva pola vía pacífica e da concordia.
__________________