terça-feira, abril 27, 2004

Convocatória dos Actos do 50 aniversário da Batalha de Diên Biên Phu



























A RECENTE CONSTITUIDA ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALIZA-VIETNAME, CONEMORARÁ NO NOSO PAÍS O 50 ANIVERSARIO DA BATALLA DE
DIÊN BIÊN PHU, ONDE FOI DERROTADO O IMPERIALISMO. FITO HISTORICO QUE TIVO REPERCUSIÓNS FUNDAMENTAIS NO MOVIMENTO OBREIRO INTERNACIONAL E NO CONXUNTO DA ESQUERDA MUNDIAL. NOS ACTOS A CELEBRAR, CONTAREMOS CON A GRATA E DISTINGUIDA PRESENCIA DE NGUYEN XUAN PHONG EMBAIXADOR DO VIETNAME NO ESTADO ESPAÑOL.

O vindeiro dia 7 de Maio, conemora-se o 50 aniversario da batalla de Diên-Biên-Phu. Apesar da distancia no tempo e espacio con o que foi a guerra do Vietname, cremos na utilidade de que, precisamente nestes tempos que estamos a viver dediquenos un tempo á lembranza desta grande hecatombe do século XX. Agora mesmo estan-se a produzir feitos lutuosos no Iraque que mesmo lembran aquela carnificina. Semella que as lizons do pasado non son quen de arredar aos imperialistas da guerra e a invasión.

Na nosa Terra, perante a longa noite de pedra do fascismo, os núcleos de resistencia no noso País, situaban-se na busca da propia identidade nacional através da leitura do Sempre en Galiza de Castelao, no símbolo da resistencia do Maquis, e nos núcleos comunistas e antifranquistas.

Na década dos 60 as luitas anti-coloniais de liberación nacional irrompen na política internacional, sendo unha referencia clave o triunfo da revolución cubana e posteriormente a luita anti-imperialista do Vietnam e a derrota dos EE.UU.

Estas referencias suporán o início da formación de grupos e organizazons que situarán a liberación nacional da Galiza en primeiro plano, dentro dunha explosión de debates e dialéctica marxista-leninista, na que as tese de Lenine : "o imperialismo derradeira fase do capitalismo" cobran vital importancia.

Serán as loitas obreiras de Ferrol do 72 as que vinculen definitivamente o papel da clase obreira na liberación nacional e social da Galiza.

O movimento pacifista e as mobilizacións contra a guerra de Vietnam expandem-se ao longo do planeta, rematando co triunfo do Vietcong e a derrota do exército Yanki em 1975, 20 anos mais tarde da derrota francesa em Diên-Biên-Phu, os seus protagonistas Ho Chi Min, Giap e o heróico povo do Vietnam.

A altura do novo milénio a ofensiva neo-liberal e neo-colonial do capitalismo transnacional, logo da caída do muro de Berlim, vai-nos retroceder no tunel do tempo da história, co relanzamento da guerra imperialista: a Intifada Palestina e o movimento de resistencia contra a ocupación do Iraque, son hoxe as referencias na loita contra o imperialismo.

Salvando paralelismos e en contextos históricos diferenciados a resistencia árabe, con a solidaridade do movimento pacifista, do movimento anti-globalización e da resistencia comunista rematará mais unha vez con a escalada Imperialista.

A Asociación de Amizade Galiza/Vietnam, organizamos dous actos no día 7 deste mes de Maio. Un ás 19:30 na Faculdade de História da Universidade de Santiago, con umha conferencia a cargo do embaixador da República do Vietname no Estado Español, señor Nguyen Xuan Phong, aconpañado de dous membros da nosa asociación, Joam López e Xan Carballo, xunto á profesora Elvira Souto e un outro que consiste nunha ceia de irmandade que terá lugar ás 22:00 hs no restaurante "Paz Nogueira " da nosa capital.

Conpostela, 27 de Abril de 2004
Asdo.: Xoan Fco. López (Presidente da Xestora)

ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALIZA-VIETNAM

Nota.- O acto na Facultade de Historia será libre. No referente á ceia, necesita-se unha preinscripción, que se pode fazer chamando ao 652 659 413 [con preferencia tarde ou noite] ou enviando un fax ao 981 54 59 91 indicando "ceia Galiza-Vietname" e deixando un número de telefone de contacto. [O prezo do prato é de 24 €, solicitamos tamen unha aportación solidária de 10 € máis, para axuda dos gastos da visita -ben entendido que ten un carácter totalmente voluntario-]. O ingreso do importe da ceia e no seu caso, a axuda deberá fazer-se antes do vindeiro dia 5 de Maio na conta 2091-0200-07-3001028355 indicando número de persoas e nomes.