quarta-feira, dezembro 11, 2013

Conferencia Europea das asociacións de amizade con Vietnam - Bruxelas 17 e 18 de Outubro do 2013 - Alí Estivemos


Moción das asociacións de amizade con Vietnam reunidas en Bruxelas  os 17 e18 de Outubro do 2013


As seguintes asociacións de amizade con Vietnam reuníronse en Bruxelas os días 17 e 18 de outubro do 2013 e adoptaron a moción recollida máis abaixo:
  • Asociación de Amizade Galicia-Vietnam (GALICIA-SPAIN)
  • Association d’Amitié Franco – Vietnamienne (FRANCE)
  • Association Suisse-Vietnam – Vereinigung Schweiz-Vietnam (SWITZERLAND)
  • Britain-Vietnam Friendship Society (UNITED KIGDOM)
  • Danish Vietnamese Association (DENMARK)
  • Deutsch-Vietnamesische Gesellschaft E.v. (GERMANY)
  • Freundschaftsgesellschaft Vietnam (GERMANY)
  • Hungarian-Vietnamese Friendship Association (HUNGARY)
  • Association Belgique-Vietnam – Vriendschapsvereniging België-Viëtnam - Freundschaftsgesellschaft Belgien-Vietnam (BELGIUM)
Durante o ultimo século, especialmente entre 1945 e 1975, os vietnamitas amosaron ao mundo, coa súa coraxe e  inquebrantable determinación, que a autodeterminación e o desenvolvemento dunha nación constrúense a través do apoio colectivo e os valores compartidos pola maioría da súa poboación.

Hoxe en día, a globalización está esencialmente baseada na liberalización do mercado, o que intensificou profundas desigualdades entre nacións e entre os individuos das diferentes nacións. A recente crise económica e financeira do capitalismo intensificou aínda máis estas desigualdades.

Neste complexo contexto, e máis alá do forte crecemento que Vietnam estivo a reflectir durante as últimas tres décadas, a República Socialista de Vietnam, que debe consolidar o seu desenvolvemento, busca definir e construír un axeitado modelo socioeconómico.

Nós compartimos a vontade de Vietnam:
  • de buscar e defender o interese xeral da poboación e do estado en contra de intereses privados e depredadores;
  • de dirixir unha loita permanente e efectiva en contra da pobreza e da corrupción;
  • de defender un desenvolvemento sostible por enriba dos beneficios a curto prazo, co asesoramento dos representantes dos traballadores e dos diferentes axentes sociais;
  • de defender unha forma xusta e equitativa de reparto da riqueza;
  • de continuar o seu cometido para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
Da mesma maneira, agradecemos os esforzos da República Socialista de Vietnam buscando a paz, a cooperación e a solidariedade, no sur este de Asia, a nivel internacional e nas súas relación bilaterais. É intención dos nosos países apoiar estes esforzos, entorno aos seus intereses, e fomentar tamén una maior cooperación con Vietnam.

Vietnam non pode apoiarse só en si mesmo. Non pode abrirse só ao mercado económico global e afrontar as consecuencias de esta apertura, a privatización esténdese e as multinacionais establécense e tratan de impoñer a lóxica do neoliberalismo no seu país. Esta lóxica afecta de maneira especialmente grave á educación xa que todo se está a volver obxecto de comercialización. Este é un enorme reto. Mentres os grupos financeiros e os intereses privados prevalecen por todas partes, Vietnam trata de controlar os sectores clave da súa economía para beneficio de toda a súa poboación.

Estes son os valores que as nosas organizacións continúan a compartir co pobo vietnamita. Por esta razón, nos reunimos as asociacións de amizade co pobo vietnamita a nivel europeo, para reafirmar fortemente a nosa determinación e renovada confianza na solidariedade coa poboación da República Socialista de Vietnam e os seus continuos esforzos na procura da súa independencia; política no pasado, financeira e económica no presente. Como dixo o presidente Ho Chi Minh: “Nada é máis valioso que a independencia e a liberdade”.



---