quinta-feira, dezembro 12, 2013

Desde Galiza a Vietnam con Mandela no corazón, abaixo e a esquerda


Desde Galiza a Vietnam con Mandela. Desde a nosa Asociación de Amizade queremos amosar o noso recoñecimento ao irma e compañeiro Nelson Mandela, un exemplar loitador pola xustiza e igualdade, contra a opresión e o racismo. Mandatarios hipócritas e poderosos opresores colmáronte de louvanzas, e até facian que choraban a túa morte, rios de tinta para manipular o teu exemplo e palabra, un moi vergoñento teatro da infamia.  As boas e xenerosas, persoas de ben e xustiza, saben da túa loita, da loita dos teus, o seu verdadeiro significado e non o esqueceremos xamais. Nelson Rolihlahla Mandela a túa loita o teu exemplo vive en nós, durme tranquilo na eternidade do descanso merecido, e así llo transmitiremos as nosas fillas e fillos, e a súa vez estas e estes, ás súas fillas e fillos, ... .


Estará sempre Nelson Mandela no corazón de vietnamitas

O pobo vietnamita gravará para sempre no fondo da súa memoria os sentimentos e a solidariedade de Nelson Mandela coa empresa pola independencia e a construción nacionais, expresou o vicepresidente e canciller Pham Binh Minh.

Ao colocar a véspera unha ofrenda floral para render homenaxe póstumo ao ex-presidente Nelson Mandela, na sé da Embaixada de Suráfrica en Hanoi, o dirixente vietnamita expresou o seu profundo pésame ao pobo sudafricano e a familia do excepcional líder, unha gran figura da loita incansable contra a opresión, a desigualdade e o racismo.

No mesmo día, unha delegación dos organismos e oficinas públicas de Cidade Ho Chi Minh, encabezada polo vicepresidente do Comité Popular municipal Lle Manh Ha, tamén acudiu a render tributo ao gran libertador na sé do consulado xeral de Suráfrica nesta maior urbe do sur vietnamita.

O falecemento de Nelson Mandela constitúe unha gran perda non só para os sudafricanos senón tamén para todos os pobos do mundo, entre eles, o de Vietnam, escribiu o dirixente no libro de condolencias.

Durante os últimos sete días, numerosas delegacións de servizos públicos, empresas e organizacións de masas, así como cidadáns nacionais e estranxeiros residentes en Cidade Ho Chi Minh participan nas actividades de tributo a Mandela.- VNA.

Web para Nelson Rolihlahla Mandela do Congreso Nacional Africano (ANC):

http://www.anc.org.za/nelson/index.php

Outros sitios web:

---