sábado, junho 25, 2011

Vietnam esixe a EEUU responsabilizarse polos millóns de vítimas do "Axente Laranxa"


A Asociación de Vítimas Vietnamitas do Axente Laranxa esixiu a Estados Unidos responsabilizarse xurídica e moralmente pola súa agresión química.

A organización reclamou ademais un maior respaldo nacional e internacional para a súa loita xurídica a fin de que Wáshington indemnice ás vítimas do bombardeo con dioxinas.

Segundo datos oficiais, o exército de Estados Unidos asperxeu entre 1961-1971 a fronte de combate sureño con 80 millóns de litros de herbicidas.

Os defoliantes destruíron o hábitat natural, deixaron a cinco millóns de persoas expostas ao axente laranxa e provocaron enfermidades irreversibles.

Entre os males destacan as malformacións congénitas, o cancro e outras afeccións que persisten a 36 anos de terminar a guerra. Aínda nacen nenos deformados polo Axente Laranxa.

Estados Unidos comprometeuse a limpar os arredores da súa antiga base aérea en Dá Nang, pero a súa achegua financeira aínda dista do que necesitan as vítimas para a súa atención.

Expertos en Dereito Internacional estimaron recentemente que un xuízo a Estados Unidos na Corte Penal Internacional polos seus crimes impunes duraría case unha década.

24 de Xuño de 2011

PG

Fonte: http://www.librered.net/

---