quinta-feira, dezembro 12, 2013

Ata da asociaçom Amizade Galiza – Vietnam - 11 de Dezembro de 2013

Ata da asociaçom  Amizade Galiza – Vietnam.
Na cidade da Corunha às 13 horas, do 11 de Dezembro de 2013, reune-se a directiva da A G-V, com a asistência das seguintes pessoas:
Xoán Carballo. Xan Carlos Ansia. X. M.  López Viqueira. Pancho Niño Ricoi. Inácio Mtinez. Orero Joám López. Orde do dia:

Desde Galiza a Vietnam con Mandela no corazón, abaixo e a esquerda

Desde Galiza a Vietnam con Mandela. Desde a nosa Asociación de Amizade queremos amosar o noso recoñecimento ao irma e compañeiro Nelson Mandela, un exemplar loitador pola xustiza e igualdade, contra a opresión e o racismo. Mandatarios hipócritas e poderosos opresores colmáronte de louvanzas, e até facian que choraban a túa morte, rios de tinta para manipular o teu exemplo e palabra, un moi vergoñento teatro da infamia.  As boas e xenerosas, persoas de ben e xustiza, saben da túa loita, da loita dos teus, o seu verdadeiro significado e non o esqueceremos xamais. Nelson Rolihlahla Mandela a túa loita o teu exemplo vive en nós, durme tranquilo na eternidade do descanso merecido, e así llo transmitiremos as nosas fillas e fillos, e a súa vez estas e estes, ás súas fillas e fillos, ... .

quarta-feira, dezembro 11, 2013

Conferencia Europea das asociacións de amizade con Vietnam - Bruxelas 17 e 18 de Outubro do 2013 - Alí Estivemos

Moción das asociacións de amizade con Vietnam reunidas en Bruxelas  os 17 e18 de Outubro do 2013
As seguintes asociacións de amizade con Vietnam reuníronse en Bruxelas os días 17 e 18 de outubro do 2013 e adoptaron a moción recollida máis abaixo:

quinta-feira, outubro 17, 2013

Faleceu un revolucionario, Vo Nguyen Giap, o xeneral vitnamita Giap, heroe da loita de liberación nacional e social de Viet Nam - Independencia e Socialismo - Documentario: Abril de Vietnam no ano do gato, ... por Santiago Álvarez - Vídeo

HOMENAXE A UN REVOLUCIONARIO
Desde a nosa asociación de amizade de Galiza co Viet Nam queremos amosar o noso recoñecemento  e lembranza du revolucionario lendario, o vietnamita Xeneral Giap, heroe de Viet Nam.

quarta-feira, setembro 11, 2013

Vietnam: como o uso de armas químicas deixa secuelas por xeracións - @s fill@s do axente laranxa - Vídeo

A guerra de Vietnam terminou fai case 40 anos, pero o conflito segue deixando vítimas: as crianzas.
Estímase que miles de bebés seguen nacendo con horribles deformidades faciais debido aos 20 millóns de galones do axente laranxa fumigado por Estados Unidos.

Documentos de Interese para a Conferencia Europea de asociacións de amizade con Vietnam

Estimad@s Amig@s do Vietnam,
Nos documentos anexados facilitamos máis información sobre a Conferencia que está previsto celebrada os días 17 e 18 de Outubro de 2013.
Vai atopar tres diferentes documentos traducidos en francés e inglés:

Convite para que a nosa asociación participe nunha conferencia europea en Bruxelas, de asociacións de amizade con Vietnam dos distintos países, para desenvolver en conxunto unha Carta das asociacións europeas de solidariedade con Vietnam - Conferencia Europea, os 17 e 18 de Outubro de 2013

Estimad@s Amig@s:,
Mediante a presente notificación, lembramos que os vindeiros 17 e 18 de Outubro deste ano 2013, imos celebrar un encontro. Na carta-convite, informamos máis polo miúdo do evento.
Para mellor organizar este evento, poderíades por favor avisar-nos da vosa participación o máis axiña posíbel e antes do 15 de Setembro. Máis información será enviado máis adiante.