quinta-feira, setembro 22, 2005

Encontro Internacional pola Solidaridade, Amizade e Cooperación con Vietnam. Hanoi, 1 Setembro, 2005

Encontro Internacional pola Solidaridade, Amizade e Cooperación con Vietnam

Hanoi, 1 de Setembro, 2005

Union Vietnamita de Organizacións de Amizade
105ª, Quan Thanh Str., Hanoi, Vietnam
Tel: +84-4-845 6303 / Fax:+84-4-733 0201
E-mail:vufocid@fpt.vn; vnmeeting2005@yahoo.com



DISCURSO DE BENVIDA E APERTURA

Por o Sr. Vu Xuan Hong, presidente de VUFO

Sr. Pham The Duyet, presidente do Presidium of the Central Committee of the Vietnam Fatherland Front,

Sra. Nguyen Thi Binh, ex-vice presidente de S.R.Vietnam, presidente de Paz Vietnam e Fundacion de Desenvolvemento,

Distinguidas convidadas, amigas e amigos internacionais e vietnamitas,

Primeiro de todo, permítanme en nome da Union Vietnamita de Organizacións de Amizade extender os nosos máis calurosos saudos a tódolos distinguidos invitados e ós nosos amigos internacionais que veñen a este Encontro Internacional pola Amizade, Solidaridade e Cooperación con Vietnam.

Gustaríanos extender a nosa benvida cara vostedes como constantes amigos da xente vietnamita. Vostedes son os que estiveron proveendonos de solidaridade e apoio na nosa loita pola liberación nacional, construcción e defensa, e hoxe están aquí con nos para compartir a nosa ledicia e ofrecer a súa solidaridade na celebración do 60º aniversario da fundación da República Socialista de Vietnam. Queremos dar o noso sinceiro agradecemento pola súa presencia.

Camaradas, amigas e amigos,

Ó longo das últimos anos, dende os comezos da revolución vietnamita, o Partido Comunista de Vietnam, o presidente Ho Chi Minh e as xeracións dos nosos seguintes líderes, deron sempre unha grande importancia á solidaridade internacional e á combinación da forza nacional con outras da mesma época, transformando a revolución vietnamita nunha significativa parte da causa común da poboacion mundial. É a solidaridade internacional, o apoio e a cooperación da poboación mundial a que se convirteu nun importante factor contribuindo ás grandes victorias da revolución vietnamita..

Nos lembrámosnos de que durante a loita contra a reocupación de Vietnam polos colonos franceses, o fronte de amigos en Francia e as protestas do mundo enteiro contra a inxusta guerra dos colonos franceses fixeron importantes contribucións de cara ás victorias gañadas nos campos de batalla, especialmente en Dien Bien Phu, obrigando ós franceses a rematar coa guerra de Indochina. E o mundo recoñeceu a independencia de Vietnam, a unificación e a integridade territorial asinando o Tratado de Xenebra de 1954.

Temos que lembrar que durante a loita anti-EE.UU pola Salvacion no espírito “nada é máis importante que a independencia e a liberdade”, a xente amante da paz e da xustiza formou unha fronte mundial para mostrar a súa solidaridade con Vietnam en protesta contra a guerra de agresión contra Vietnam dos EE.UU., e o movemento anti-guerra extendido por todo Estados Unidos. Isto non solo foi unha fonte de ánimo, motivación e incalculable apoio para a loita da nosa xente, senon tamén unha presión política extremadamente forte no círculo político de EE.UU. e dos seus aliados. A solidaridade e apoio con Vietnam convertíronse na conciencia da época, constituiu a forza en contribución coas victorias políticas, militares e diplomáticas de Vietnam, traendo a Estados Unidos á mesa de negociacións que resultou no tratado de París para restaurar a paz en Vietnam. Durante aqueles gloriosos días, miles, centos de miles e millóns de amigos internacioais, dos que non chegamos a coñecer tódolos nomes, formaron parte da mundial “xeración Ho Chi Minh” e harmoniosamente coordinaron e cooperaron uns cos outros en cada unha das campañas pola solidaridade con Vietnam. A nosa xente levará sempre na memoria os sentimentos de solidaridade e incalculable apoio que ofreceron os nosos amigos internacionais dos cinco continentes, contribuindo significativamente á completa liberación de Vietnam do Sur e á reunificación do noso ben amado pais.

Camaradas, amigas e amigos

Nos anos seguintes ó final da guerra, devido a certas razóns obxectivas, os medios de comunicación extranxeiros rara vez ofreceron covertura de Vietnam, e de haber algunha, foi parcial/pouco obxectiva e insuficiente. Aproveitando esta oportunidade, gustaríame resumirlles a situación de Vietnam durante os últimos 30 anos, especialmente o Doi Moi, un proceso de renovación levado a cabo pola nosa xente baixo o mandato do Partido Comunista de Vietnam.

Antes da guerra, Vietnam era un país pobre, a súa economía estaba baseada principalmente na agricultura. A guerra deixou o noso país con consecuencias extremadamente desastrosas. A infraestructura, economía e medio ambiente de Vietnam foi gravemente destruido. Soamente na segunda guerra de Indochina, nun intento de “traer a Vietnam de volta á Idade de Pedra”, as forzas armadas de EE.UU. empregaron o doble de intensidade de bombas e proiectiles que usaron tódolos participantes da segunda guerra mundial, para matar e destruir o noso pobo. Despois verteron en Vietnam 80 millóns the litros de productos químicos tóxicos, incluindo cerca de 45 millóns de litros do Axente Laranxa que contiña suficiente dioxina como para acabar con toda a poboación humana da Terra. A guerra acabou con 3 millóns de vidas, feriu a 4 millóns e expuxo a arredor de 4 millóns de persoas ó Axente Laranxa/dioxina. Ata hoxe, 30 anos despois do final da guerra, millóns de persoas están ainda a sufrir dores debidos ás feridas e a enfermidades, centos de miles de nenos sufren deformidades e defectos de nacemento, arredor de 300.000 casos de vietnamitas desaparecidos seguen sen resolverse, minas e oxectos sen detonar continúan levandose vidas e ameazan con matar labregos e nenos de moitos pobos de Vietnam.

Despois da guerra, Vietnam necesitaba desesperadamente instalacións e acondicionamento para superar o legado da guerra e investir no desenrolo económico para a reconstrucción e mellora da calidade de vida da poboación. Desafortunadamente, durante os seguintes 20 anos, os EE.UU. e o Oeste impuxeron un bloqueo e cerco económico ó noso país. Cando Vietnam axudou á xente de Cambodia a volcar o réxime xenocida de Khmer Rouge, moitos países empregárono para aillar e debilitar Vietnam

A nosa economía foi sumerxida no estancamento. Incluso o mecanismo central planificado, que amosou ser efectivo durante a guerra, asegurando a igualdade social, tornouse desaxeitado durante o tempo de paz para as características de baixo nivel económico en Vietnam, que consistía principalmente en producción a pequena escala e agrícola. A productividade era moi baixa. De todas maneiras, vivindo nun país agrícola, sempre sufrimos de falta de alimentos. Ademáis de isto tamén sufriamos de problemas de necesidades básicas. A grande maioría da nosa xente foi sumerxida na fame e na pobreza. A inflacción a mediados de 1980 chegou ata o 700%. Nalquel tempo, tivemos que afrontar unha crisis socio-económica moi seria.

En medio daquelas circunstancias, a mediados de 1980, o Partido Comunista de Vietnam abogou polo Doi Moi – un proceso de renovación. Permítanme introducirme a fondo no proceso de renovación que levamos levando a cabo durante os últimos 20 anos.

En canto á economía, esta política inclue o seguinte:

Desenrolo dun mercado económico de orientación socialista. Facemos uso do mecanismo do mercado para aumentar a eficiencia da economía correspondente ó nivel de desenrolo de Vietnam para construir a economía e incrementar o nivel de vida da poboación. Consideramos o mercado como un instrumento necesario, xa que é o propósito do usuario o que define a orientación do desenrolo do mercado. O propio mercado pode promover o crecemento económico, pero non pode levar ó progreso social. Polo tanto, o mercado de orientación socialista débese situar por debaixo do goberno do estado socialista. O estado, con sensatas políticas facilita o sensato desenrolo da economía, limita os aspectos negativos, e dirixe as actividades económicas en servicio ás necesidades sociais. A nosa máis importante política neste aspecto é que o crecemento económico debe estar acompañado polo desenrolo social.

A Diversificación dos sectores económicos para liberar forzas de producción, mobilizar tódolos potenciais e recursos para o desenrolo. Mentres tanto o sector económico posuído polo estado continúa a xogar un papel importante na economía de multi-sector. O estado mantén o monopolio en áreas importantes para a seguridade nacional, a economía posuida polo estado xoga un importante papel en importantes dominios como os recursos naturais, o ferrocarril, a aviación, o transporte público, a electricidade, a auga, a información e comunicación, a banca… O traballo das empresas posuidas polo estado e un importante factor para atraer políticas estatais para dar vida a un mercado económico de orientación socialista.

A promoción da cooperación económica e o aumento da integración internacional. Vemos a axeitada mobilización do conxunto dos recursos e potenciais domésticos como a pre-condición para expandir unha efectiva cooperación económica internacional. A principal directriz é asegurar a soveranía da economía nacional e a expansión cooperativa en base a un mutuo beneficio

Estas políticas ofrecennos tanxibles e positivos cambios na economía. O PIB leva medrando durante anos de forma continuada e con relativamente un alto ritmo, con unha media de crecemento do 7%, e de un 7.7% solo no 2004. A media de renta per capita duplicouse despois de 10 anos. Dende un país que sufría de escasez de alimentos, con importacións anuais de 1 millón de toneladas de arroz, Vietnam foi capaz de incrementar rapidamente a producción de alimento dende 17.5 millóns de toneladas no 1987 ata 39 millóns de toneladas no 2004. Hoxe en día, Vietnam é un país cunha firme seguridade en canto a alimentación, sendo o segundo maior exportador de arroz do mundo, e un dos maiores exportadores de productos agrícolas. A nosa industra tamén está a medrar rapidamente, dende un ritmo de crecemento do 8% nos 80 ata un 12-13% nos 90 e un13-15% nos primeiros anos do siglo XXI. A producción industrial creceu dende un 29% de PIB no 1986 ata 0 40.5% no 2003. As exportacións medraron un 20-25% anualmente, e un 29% so no 2004. Estivéronse a facer máis inversións directas extranxeiras, rexistrando un stock capital corrente de 46 billóns de dólares americanos e un stock de desembolso de 30 billóns. O número de turistas a Vietnam sigue medrando anualmente, un20.5% no 2004.

En canto ós asuntos sociais, a política renovadora inclue principalmente o seguinte:

Desenrolo centrado na xente, desenrolo económico facilitando a implantación de políticas sociais e viceversa, a implantación de políticas sociais promoverá o desenrolo económico. A realización da igualdade social e do progreso deben ir paralelas co desenrolo económico.

Creando condicións favorables para que a nosa xente empregue toda a súa forza e capacidade, animando á xente a facerse rica de forma legal; mentres o estado leva á sociedade enteira a concentrarse na eliminación da fame e a reducción da pobreza, soporte dos disminuidos de dos desaventaxado.

Considerando o desenrolo da educación, o entrenamento, a ciencia e da tecnoloxía unha política prioritaría do estado para desenvolver os recursos humanos, en un maior nivel, a promover o avance social e un desenrolo sostible.

Hoxe en día, a poboación vietnamita é de 81 millóns de persoas, da que un 75% vive no medio rural. O densenrolo económico está axudando ó noso país a liberarse da crisis socio-económica dos 80 e a mellorar a vida da nosa xente significativamente. O indice de desenrolo humano subiu dende un0.498 no 1991 ata o 0.688 no 200 e o 0.691 no 2002.

Ainda que o PIB per capita permanece baixo, que foi de 540 dólares americanos no 2004, o governo reserva un 24 ou 25% do presuposto estatal para programas sociais.

A eliminación da fame e a reducción da pobreza constitúe o primeiro obxectivo da estratexia de desenrolo económico. De acordo cos valores internacionais, o índice de pobreza baixou dende o 75% en 1986 ata o 58% no 1993, 37% no 1998, 28% no 2002 e 25% no 2004, que é unha media de reducción de 310.000 persoas pobres por ano. No 1991-2000, Vietnam cumpliu co obxectivo do milenio proposto polas Nacións Unidas para o 2015, que é o de reducir o número de xente pobre á metade.

O estado continúa xogando o papel máis importante nos campos da saúde e da educación. Vietnam conseguiu a universalización da educación primaria no 2000. Hoxe en día, a universalización da educación secundaria está sendo rexistrada en 30 das 64 cidades e provincias e cumplirase en toda a nación nos seguintes 5 anos. Os escolares creceron dende 14.9 millóns en1944-95 ata o 20.8 millóns en 2002-2003. Ó mesmo tempo, o número de estudiantes universitarios medrou de 203.000 a 1.020.000. O indice de alfabetización en Vietnam é dun 94%

As que eran epidemias comúns foron controladas con éxito. Durante os últimos 10 anos, o índice de malnutrición nos nenos caeu de un 50% a un 28%. O índice de mortandade infantil baixou de un 44% no 1990 a un 29.8% no 2004. O índice de vida media subeu de 65 anos no 1993 a 71 no 2004.

En canto ás leis, Vietnam está o proceso de construir un estado socialista governado por leis, da xente, pola xente e para a xente. A Asamblea Nacional é o maior corpo lexislativo electo cada 5 anos por votación directa e secreta. Tódolos cidadans de 18 ou máis anos podenvatar e participar nas eleccións a tódolos niveis. Ainda que a votación non é obligatoria, o índice de participación chega ó 90%. O Partido Comunista – o partido político que dirixe o país – consolida constantemente unha unión cercana coa xente. Existen 300 organizacións do pobo a nivel central e miles delas por toda a nación.Por vía destas organizacións, xente de todo tipo de vida participa na vida política e no proceso de desenrolo económica. 600 periódicos centrais e locais ofrecen á xente noticias. Todo o mundo disfruta de liberdade de relixión e práctica. O papel da muller está a crecer cada vez máis. Hoxe en día, o 27.3% dos membros da Asamblea Nacional son mulleres. O governo presta atención adecuada ó grupos etnicos minoritarios. Arredor do 17% dos asentos do Congreso son ocupados por minorías.

Xunto co aumento da reforma administrativa para un mellor servicio do resto das reformas e do desenrolo económico, a implantación da regulación da democracia de base ó longo dos últimos anos está a facilitar que a xente dirixa directamente a súa propia vida e que participe no goberno do estado e da sociedade.

A política internacional de Vietnam de apertura, independiencia e soveranía axuda a crear un ambiente internacional favorable para a construcción, desenrolo e defensa nacional. Hoxe, Vietnam establece relacións diplomáticas con 170 países e é un membro activo e responsable de ASEAN, APEC, ARF, Franco-fonía e ASEM, etc. Damos moita importancia á consolidación das relaccións cos países veciños, con vellos e honorables amigos, centros socio-económicos e ás relacións abertas con tódolos países do mundo co espírito de que Vietnam está desexoso de ser un amigo e un compañeiro de confianza para todos aqueles países da comunidade internacional que loitan pola paz, a independencia nacional e o desenrolo. O principio das relaccións é o respeto pola independencia, soveranía, e integridade territorial, a non interferencia nos asuntos internos dos outros, a solución de conflictos a través de medios pacíficos, a igualdade e o mutuo beneficio. No contexto do mundo de hoxe, no que a política internacional está a contribuir para asegurar a paz, a estabilidade e a independencia nacional para o noso desenrolo.

Queridas amigas e amigos,

Os logros do noso proceso de renovación levan creando durante anos forza nova e poñendo ó país nunha mellor posición e novas ventaxas de cara ó futuro, ainda que ainda estamos a afrontar moitas dificultades e retos. Vietnam segue sendo un país de un desenrolo pobre con unha renta per capita e calidade de vida baixas en comparación con outros países da rexión e do mundo. As consecuencias da guerra ainda seguen sendo notables. O desenrolo económico no contexto dun mercado económico abertoestá a incrementar bastantes problemas sociais que necesitan ser resoltos.

No contexto internacional, o proceso de globalización está presentando grandes retos a Vietnam. O inxusta orde e comercio económico internacional está a provocar un impacto negativo no beneficio de millóns de traballadores e granxeiros vietnamitas. Mentres tanto, existen forzas externas tratando de sabotear o Vietnam independente e reunificado e o camiño escollido pola nosa xente. Esas forzas, baixo diferentes pretextos que poden ser moi variados, buscan causar a inestabilidade do noso sistema político, interferir profundamente nos nosos asuntos internos, traman complots e elementos coa intención de dividir, separar e minar a nosa grande unidade nacional, integridade territorial, e incluso a de derrocar o noso sistema.
Estos, de ningunha maneira son retos pequenos.

De todas maneiras, o camiño da independencia nacional e o socialismo trazado polo presidente Ho Chi Minh está interesado no beneficio básico a longo prazo da xentede todo tipo de vida e é tamén a elección da nosa xente. Estamos fortemente convencidos de que baixo o liderato do Partido Comunista de Vietnam, coa forza da grande unidade nacional, conseguiremos acadar o obxectivo de “xente rica, país forte, sociedade ingualitaria, democrática e civilizada” e construiremos con éxito a República Socialista de Vietnam.

Esto é tamén a nosa nova loita. Nesta loita, necesitamos solidaridade, cooperación e apoio dos nosos amigos internacionais de todo o mundo.

Os nosos éxitos e logros dos últimos 60 anos son inseparables da solidaridade, cooperación e apoio dos nosos amigos internacionales. Nesta ocasión, gustaríanos, unha vez máis, expresar a nosa gratitude de corazón a toda a xente do mundo amante da paz e da xusticia, ós membros dos vosos países, ás organizacións e ós indivuduos que sempre apoiaron e axudaron ó pobo vietnamita. Moitísimas gracias.

Camaradas, amigas e amigos,

O encontro de hoxe é unha oportunidade para o pobo vietnamita de amosar a nosa gratitude ós nosos amigos internacionais, para mirar a nosa historia e botar unha ollada ó Vietnam de hoxe. Tamén é unha oportunidade para nos de intercambio de ideas, e para propoñer recomendacións para continuar reforzando a solidaridade, a amizade e a cooperación entre nos no futuro.

Con este espíritu, pola presente declaro aberto o Encontro Internacional pola Solidaridade, Amizade e Cooperación con Vietnam.

Grazas pola vosa atención!