quinta-feira, setembro 22, 2005

Resolución final da Conferencia de Organizacións de Amizade con Vietnam. Hanoi, 1 de Setembro de 2005


Comunicado ao povo de Vietnam

Chegados desde varios paises do mundo para participar no Mitin Internacional de Solidariedade , Amizade e Cooperación con Vietnam e unirnos ao povo Vietnamita na celebración do 60 aniversario da República Socialista de Vietnam, consideramos que a súa constitución foi o froito da longa, dura e heroica loita dunha nación pola súa dignidade, igoaldade social e independencia. Ten sido un dos maiores acontecimentos na historia da humanidade.

Recoñecemos con profunda emoción o papel desempeñado polo Presidente Ho-Chi-Minh, clarividente e carismático líder, fundador do Partido Comunista de Vietnam.

Vietnam ten sido un símbolo nas loitas de liberación nacional fronte a agresión colonialista e imperialista , ten contado coa solidariedade internacional e inspirado ás organizacións pola paz e á xustiza arredor do Planeta , queremos darlle as grazas polo seu heroísmo, exemplo e inspiración. Vostedes axudan-nos a manter a espranza nás loitas e a continuar confiando na capacidade emancipadora dos seres humanos.

Os éxitos do povo vietnamita nás pasadas décadas é unha proba da importancia e viabilidade dos ideais socialistas.

Cobra especial siñificación, neste intre no cal a globalización capitalista está a atacar os intereses dos povos do mundo , creando diferencias sociais e incrementando a inxustiza social.
Hoxe, unha vez mais, gostarianos expresar a nosa activa solidariedade con povo de Vietnam. Reafirmamos o noso compromiso por un maior fortalecemento da amizade e da cooperación co povo de Vietnam e a súa continua traxectoria pola independencia nacional e o socialismo. Ao mesmo tempo que non esquecemos o pasado e o sufrimento da guerra, en particular das víctimas do axente laranxa aínda esperando xustiza e recoñecemento.

Desexamos grandes éxitos ao povo Vietnamita no proceso de construcción de un Vietnam independente e socialista, un país forte e un próspero povo no camiño dunha sociedade avanzada, igoalitaria e democrática.

Hanoi, 1 de Setembro de 2005